Páginas

viernes, abril 15, 2011

Desaparecidos no camiño: Betray My Secrets


Outro dos grandes grupos que apareceron da nada e desapareceron do mesmo xeito foron os Betray My Secrets. Capitaneados por Stefan Hertrich, daquela nas filas de Darkseed, creouse un grupo no 1997 xunto con Christian Bystron nas guitarras e Harald Winkler na batería, totalmente diferente ó que había ata daquela.

Stefan intentou aunar algo que visto xa na segunda década do século XXI pode sonar a algo factible e que seguramente xa haxa grupos (ainda así, non moitos) que intenten facer: fusión de metal con música étnica/oriental dun xeito atmosférico.
Non sei moi ben cómo chamarlle de feito ainda hoxe, o que sei é que daquela foi un shock descubrir que se podía facer eso. O único exemplo que se me pode ocurrir é Orphaned Land, pero éstes tiraban un pouco máis hacia o Death Metal (tamén outro grupo único).


Betray My Secrets - Oh Great Spirit (1999) EP
1. Of Things Not Seen 05:53
2. Oh Great Spirit 06:23

Xa con aquel pequeno EP lanzado por Serenades Records no 99, Betray my Secrets chamaron a atención con esa mezcla que estaba a medio camiño entre o Dark-Doom Metal atmosférico e a música étnica. Dúas xenialidades coma "Of Things Not Seen" ou "Oh Great Spirit" eran a presala do que sería o seu único disco autotitulado.



Betray My Secrets - Betray My Secrets (1999)
1. Shamanic Dream 07:04
2. Ever Expanding Eternity 06:00
3. God And Me 04:30
4. Oh Great Spirit 06:24
5. Of Things Not Seen 05:53
6. Desert Dance 05:14
7. Forgive Them 08:45
8. Little Wanderer 03:27
9. From The Goddess 07:10
10. Save My Belief 08:08

Aínda recordo a primeira vez que oín Shamanic Dream (e eso non o poido decir de moitos discos/grupos), e recordo que se me puxo a piel de galiña e pensei "de verdade estou oíndo ésto?? Mecawentó!!!". Esa mezcla tan extraña de new age oriental con Doom fai que a medida que escoitas o disco te empeces a plantear que estás a oír algo único e nunca feito.
Se se lle poidera achacar algo desde a miña opinión personal sería que de vez en cando os momentos "new age-ethnic chill out" se fan un pouco largos (sobre todo para o que non lle guste o new age, a mín non me disgusta, pero sí que recortaría un pouco eses momentos). En canto ó resto... obra maestra!
E aquí suelen vir moitos ilustrados a decir "bah pero son 3, eso son todo samples electrónicos blabla non ten o mesmo mérito.." Por desgracia eu penso que ésto sobre todo pasa en España, vexo a moitos grupos gallegos preocupados en exceso por sonar ben e irse a grabar a tal e cual sitio, en lugar de facer música orixinal ou intentar crear algo novo. Ben, esa é a diferencia entre Betray My Secrets e eles, Betray serán considerados un grupo único e de culto mentres que a maioría dos miles de grupos que salen hoxe en día facendo prácticamente o mismo "pero sonando moito mellor que fai anos e que outros que non teñen as pelas para sonar ben" serán olvidados rápidamente.

"Desert Dance", "Forgive Me", "Oh Great Spirit", ""Ever-Expanding Eternity", ou a mesma "Shamanic Dream" son do mellor feito nunca en canto a Metal fusionado con folk. Para mostra...:


Despois deste disco, non sei por qué razóns, Stefan decide emprender outras aventuras con musicales en Shiva in Exile e, a continuación lóxica de Betray My Secrets, SpiRitual, do que sacou un disco en 2005, pero parece que tamén está en hibernación desde esa. Sólo nos queda esperar qué máis se pode sacar da manga un inesperado día este home, seguro que será interesante.