Páginas

domingo, abril 10, 2011

Microreviews Abril'11 II


Thy Hastur - The Ancients (2010)
Symphonic Black Metal
Myspace
Thy Hastur son un grupo polaco que leva 3 álbumes no mercado, e pasando bastante desapercibidos, polo menos para mín, xa que non me sonaban de nada. A música que ofrecen é un black metal melódico con teclados atmosféricos de fondo na maior parte dos temas, con influencia dos discos noventeros de Dimmu Borgir/Cradle of Filth/Old Man's Child, batería en xeral a medio tempo, e cunha producción mellorable -tamén moi... noventera?-. A mín resultáronme bastante sosos e non me dixeron nada que non houbera oído xa. 2/10


Seven Kingdoms - Seven Kingdoms (2010)
Power Metal
Myspace
A veces non entendo os gustos da xente, ou hei de telos eu demasiado raros, porque este disco dos americanos Seven Kingdoms parece ser que está a obter bastante boas críticas polo mundo adiante, e incluso os meteron na lista de posibles para escoller en Metalstorm. E eso con 2 álbumes sólo xa é un logro.. ou eso.. ou é que no ano en cuestión non houbo demasiados bos discos de Power. Porque co que me atopei eu é cun disco bastante mediocre de "Power Metal de videoxogo" con cantante bastante cansina, melodías xa feitas, e certos ramalazos de melodeath con rasgados incluídos (será para darlle un aire "distinto", ainda que esto xa empeza a ser algo habitual...). Un disco frouxo que pode que a quen non oíse moito Power Metal na súa vida lle chame a atención, pero eu á cuarta canción, xa estaba saturado por Sabrina, por riffs mil veces oídos que case tenden máis ó Happy Metal, e pola ñoñería general.
A destacar "Thunder of the Hammer", se despois de oír esa canción, alguén me segue decindo que este grupo fai boas composicións... apaga e vámonos... "Go Go Power Metarls"!! 3/10


The Crown - Doomsday King (2010)
Melodic Death Metal
Myspace
Bastante decepcionado me deixou este novo álbum dos suecos, os compositores de obras tan grandes coma Deathrace King ou Crowned in Terror, de escoita obligada para calquer amante do Death Metal.
Este novo Doomsday King carece, ao meu ver, de chicha, de riffs memorables, de cancións que che pida o corpo de volvelas a oír... é coma se fixeran un álbum por facer, para manterse no panorama. Ademáis non sei qué pretenden en "angel of death 1839"... sin duda ten unha referencia a Slayer non só no título, senón no riff... unha semi-versión? O resto de temas vanse sucedendo sen pena nin gloria, nun álbum bastante olvidable. Se non tivera escrito na portada "The Crown", aposto a que pasaría máis que inadvertido para os fans do Melodeath. 4/10

Silverlane - Above The Others (2010)
Power-Heavy Metal
Myspace
Por veces recordándome a Grave Digger, por veces a Brainstorm e outras aos míticos do Power Metal moderno (Firewind, Masterplan, Nocturnal Rites etc.), Silverlane conseguiron facer un álbum sólido de bon Power Metal, que non cae no excesivo pasteleo nin en pseudocopias de riffs ochenteros... ehemvantasiahem. Silverlane non ocultan o que son nin as súas influencias, pero alomenos sacáronse un bon puñado de cancións que valen a pena escoitar se che gusta o Power-Heavy Metal, empezando con 2 cañóns coma "Above the Others" e "1789" e seguindo cunhas cuantas máis que fan que prácticamente non decaia ata a épica cuadralogía de "The White Lady". Penso que sería unha boa idea acabar ahí (ou ok, con "In the end") o álbum en lugar de poñer unha power-ballad coma "Anything" despois das 4 anteriores... sobra e fíxoseme un baixón. 7/10


Sadist (Ita) - Season In Silence (2010)
Progressive Death Metal
Myspace
Medo tiven cando oín a primeira canción (aparte da intro) do novo disco dos veteranos Sadist. Facía moito que non oía nada deles e por un momento pregunteime se se volveran unha banda de Metalcore ou qué. Menos mal que co paso do disco, vamos vendo moito máis a unha banda de Metal Progresivo cañero que un mero disco de Progressive Dethcore dos que tanto abundan últimamente. Os teclados e pianos, a veces moi Dreamtheaterianos, a veces moi bizarros, apórtanlle un toque diferente a Sadist. Os riffs navegan nunha onda entre Cynic e o Death-Thrash clásico, e de vez en cando se meten a experimentar con algún toque jazz ou de... BSO de slasher ochentero???
Ainda que por veces o fantasma do "core" anda por detrás, coma en "Broken and Return", Season In Silence é un bastante bon e orixinal álbum de Prog-Death. 8/10


Izmoroz - Избушка Бабушки Зомби (2010)
Pagan-Folk Metal
Myspace
Pois sí, outros rusos máis facendo Pagan-Folk Metal, e non paramos de sacalos de debaixo das pedras! Aquí nos encontramos a membros de Nevid', Ashen Light, Arcane Grail ou incluso o ex-batería dos powermetaleros Catharsis; ou sexa que son xente coa súa experiencia e que saben o que fan. Xa me temía a típica tía cantando coma cantan todas as de metal eslavo antes de empezar o álbum, pero non, a voz é únicamente "black", o cal case que agradecín, ainda que o uso de frauta e teclados e as melodías sí que recordan á maioría de grupos que practican este estilo. Ainda que o pagan-folk está saturado de grupos bastante parecidos e Izmoroz seguen nunha línea similar, imprimíronlle un pouco máis de caña (ou tal vez a voz dé esa sensación?) e sacáronse melodías pegadizas. A mín en xeral non me pareceu un mal disco para nada a pesar das malas expectativas que tiña nun principio. Por encima da media. 8/10


Melechesh - The Epigenesis (2010)
Black - Middle East Folk Metal
Myspace
Dalgunha forma sabía que Melechesh non me iban fallar, a súa mezcla entre ritmos do folklore do Oriente Medio e o Black Metal, fainos un grupo único e moi diferenciable. Os que os conocedes da combinación tan orixinal dos israelís, con eses riffs tan orientales que casan dunha forma tan curiosa co Metal extremo, sendo ó mesmo tempo étnicos e brutales, xa sabedes o que obtedes en "The Epigenesis"; e os que non, este non é un mal álbum para coñecelos, ainda que a mín me gusta máis o Emissaries, non por nada concreto, simplemente creo que me chegaran máis as composicións, pero sin desmerecer a estas novas. 8/10


Insaniae - Imperfeições Da Mão Humana (2010)
Doom Death
Myspace
Penso que os amantes dos antigos Theatre of Tragedy ou The Gathering, os da boa época, se sentirán agradecidos de que hoxe en día saian discos coma o que os portugueses Insaniae presentan. Cunha producción clara, e baixo o duelo voz feminina-growls, Insaniae fan un denso e lento Doom atmosférico no que a música repousa sobre as guitarras, baixo e batería. Sí, non hai teclados nin piano, o que fai quitar o halo "gótico", algo que polo que fun vendo, en moitos dos novos grupos de doom era algo case indispensable. Bon álbum. 7/10


Athorn - Phobia (2010)
Power-Thrash-Groove Metal
Myspace
Athorn é o novo grupo do cantante de Human Fortress no denostado "Eternal Empire". O que fan é un Power Metal (non do happy, senón do tipo de Iced Earth, Jag Panzer, Primal Fear e demáis) con toques groovies e algún que outro de Melodeath-core. A verdade é que a pesar de que haxa algún riff interesante polo disco adiante, resultoume unha escoita bastante aburrida. O disco peca de linealidade sonora e eso nos últimos temas pesa demasiado, ainda que nos podamos encontrar temas decentes coma "After the end" ou "Schizophrenia", que oídos por separado non se soportan mal. 3/10


Voices Of Destiny - From The Ashes (2010)
Symphonic Power-Heavy Metal
Myspace
Gran primeiro disco destes alemanes, liderados pola dulce voz de Maike, que se vé acompañada por guturales en varios cortes, o que me recordou en certa medida aos primeiros traballos de Epica ou After Forever. Ainda que na visión xeral, este grupo tal vez me evocara máis a Leaves' Eyes. Realmente, creo que From The Ashes pode competir cos primeiros discos desas bandas (e xan non digamos cos últimos).
A parte sinfónica de From the Ashes é moi "BSO", como parece que é a tendencia entre os grupos deste estilo, e ademáis o sonido é moi profesional para ser un debut. A pesar de que o disco ten os seus altibaixos, eu diría que se labraron boas cancións e é aconsellable para todos os amantes do Power. 7/10