Páginas

viernes, marzo 25, 2011

Vaia se comenzou con bo pé o Vigosonic XD

A mín pásanme cousas bizarras, deso non cabe duda desde fai tempo. En Estonia o bizarrismo alcanzou a súa cota máxima entre Skin Heads e historias do inframundo, pero de volta vexo que sigo en plena forma.
Hoxe fomos Elías e mais eu a ver os novos locales de ensaio de Vigo -Vigosonic-, situados en Valladares. En teoría eles pensaban que iban ensaiar, ainda que sólo iban él e o batería. Eu acompañaríaos para velos e ratearía algún canapé aproveitando que era a inauguración :P Peeeero cando chegamos xa había grupos ensaiando e a nós máis ou menos leváronnos para ver os locales (que por certo moi ben). Neso chegamos ao maior local, o de grabación, o guitarrista de Lethal Vice tamén se nos uneu na visita. E con certa premura, un rapaz empezounos a falar sobre que querían gastarlle unha broma ós políticos cando visitaran esa sala (?) e que si participaríamos. A cousa, tal e como nola explicou era que nós estaríamos dentro da sala con todo baixo de volumen, mentres que o resto da caste política viguesa nos observaban desde o outro lado do cristal e o rapaz decíalles "esto está tan insonorizado que ata non se oe nin dentro da sala!" e entón abrirían a porta da sala e nós taríamos sin volumen (faltaban as risas de lata (...) pff vaia cutre-broma). De todos xeitos xa sabemos cómo son os políticos nestes actos e seguro que farían o posible por rir ainda que fose falsamente. Nós non estábamos moi seguros de decir que sí que participabamos neso, pero o de Lethal Vice dixo que bueno, que non había problema, e nós ó final pois bueno.. se non era máis ca eso...

A todo esto, mentres probabamos os amplis e baterías, apareceu un home duns 2 metros de alto e duns 30 anos ou máis e empezou a preguntarnos se sabíamos dalgún grupo que necesitara cantante (?) que él cantaba pop-rock ou o que fixera falta (?). Todo empezou a ir cada vez máis raro entonces. O home empezou a insistir ao de Lethal Vice que tocara a guitarra e que o batería de Antrax tocara tamén para cantar él "Highway to Hell" (?). A todo esto a xente iba e viña mirar o rollo. Cando ó final se poñen a tocar, Elías tamén no baixo, él empeza a imitar, pero IMITAR a Bon Scott -cos seus agudos rasgados- dun xeito moi divertido (ainda que a mín recordábame a un Fortu cos agudos sen demasiado entrenamiento vocal previo XD). Todo era moi moi moi raro, cada un de nós miraba para abaixo mentres ría entre dentes. Ademáis tamén "bailaba".. pero para esto non teño símil XD bueno sí, sempre hai algún... vou probar con... "Chiquito intentando bailar AC/DC" XD Xa sei que é difícil de imaxinar, pero así máis ou menos era.
Logo, o tipo pideu a guitarra, e empezou a tocar "Highway to Hell", logo pillou a batería e empezou a tocar "Highway to Hell", logo foise e cando volveu e había alguén tocando, cantaba "Highway to Hell"....

Pero chegou o momento, o rapaz que traballaba alí dixo que os políticos viñan e trouxo a un amigo seu para cantar no micro sen cable (os políticos non creo nin que sepan que o micro suele levar un cable). Nós empezamos a tocar sen volumen, e eu xa nin mirei para o cristal porque me daba vergonza XD. Neso abre a porta e conta o "chiste" pero solta alguén... "pero ahora dadle volumen! (???) e nós, que non tiñamos idea do que estabamos facendo empezamos a tocar con distorsión e o batería a darlle realmente ós platos, bombo e caixa. Esto recordoume a un capítulo dos Simpson (todo vai parar ós Simpson) cando Bart, Nelson, Ralph e Milhouse facían playback e despois de cortarlle o playback oíanse as súas voces reales desafinando, pero á inversa XDD

Ainda así, estiveron un rato e fóronse, -"hala broma acabada" pensamos.... jah! XDD volven ós 2 minutos e nós ainda cos instrumentos nas mans.. e alguén solta "pero venga ahora podéis tocar algo de verdad!" E nós... "?!?!?!?" aparte da mente en blanco diante de 20 personas, e cámaras, é que nin tocáramos nunca xuntos, Elías ademáis estaba tocando o baixo cando él toca a guitarra en Antrax en tu Tampax, e ... en fin... a mín xa me deu a risa, e xa vín aló ó lonxe ó guitarra de Antrax e xa lle dixen que tocara él porque eso podía ser moi vergonzoso XDD. Tocaron algo como puideron e ata lles aplaudiron. Como reza o cartel do alcalde Abel Caballero, só lle faltaba decir "e o fixéchedes ben" XDD

Cando salimos dalí, polo menos nos deron pastitas e zumo e uns auriculares (que durarán nada, pero bueno, algo é algo).
Eso sí, recapitulemos... ibamos a ver os locales, e eu iba a ver un miniensaio de Antrax en tu Tampax, e acabamos 2 de Antrax e mais eu tocando para políticos e TVs, daquí ó Papa xa non queda nada!! XD
Así que estade atentos a xornales e Televigo ou TVG mañá jajaj
Estas historias e máis eu... hai un imán ahí desde fai anos XDDD