Páginas

viernes, marzo 18, 2011

Microreviews Marzo'11 - III

Como non teño internet estes días, e tardarei ata telo outra vez, ahí vai unhas cantas microreviews máis que xa tiña escritas e só tiven que darlle ó botón de postear.
A parte boa de estar sen internet é que tiven tempo para pensar e facer algo co novo de Enuma Elis, e pode que finalmente sí poida estar acabado o próximo mes. Xa irei desvelando máis cousas co tempo ;)


Bergthron - EXP. Autarktis (2010)
Dark-Avantgarde Metal
Myspace
Non é para nada un disco fácil de dixerir o destes alemanes. O estilo tampouco é fácil de identificar, por veces recordoume a uns Atrocity antigos, tal vez pola voz, e doutras a uns Septic Flesh sen orquestación... incluso por veces pódense intuír certos toques progresivos, pero non me gustan ningunha das dúas comparacións porque non son nin de cerca o que ofrecen Bergthhon.
O certo é que me quedei un pouco sen palabras para definir o que fan este misterioso grupo (parece que a información que se pode atopar sobre eles é case inexistente), solamente decir que Expedition Autarkis é un disco para descubrir e digno de oír se o que che gusta é a música complexa, extrema e bizarra. 8/10


Doomshine - The Piper at the Gates of Doom (2010)
Doom Metal
Myspace
Doomshine son uns alemanes que empezaron a principios do 2000 facendo doom tradicional na vea épica no estilo de Candlemass e Solitude Aeturnus.
The Piper And The Gates of Doom é un disco xenial de Doom, con voz clara e riffs memorables e monumentales con certo toque heavy. A mín recordáronme moito ós italianos Thunderstorm -que tamén fixeron un gran disco de Doom este ano-. Xunto con Doomshine, revélanse coma uns grandes seguidores e fans dos dous grupos clave do xénero xa citados e uns bos compositores. 8/10


Hymir (Nld) - Nyctophobia (2010)
Symphonic Black Metal
Myspace
Primeiro disco destes holandeses que practican un black metal cheo de orquestación. A mín recordoume especialmente a dúas bandas: Old Man's Child e Dimmu Borgir. O álbum está completamente autofinanciado e non teñen discográfica (ou alomenos non a tiñan cando o sacaron). En canto á música, o primeiro que chama a atención é a gran producción, todo sona moi ben e compacto. Nyctophobia ademáis está cheo de boas melodías e ten variedade suficiente como para facer unha escoita do máis amena. Sin duda por encima dos últimos discos de Old Man's Child. 8/10


Paraside City - Minstrel's Creed (2010)
Hard Rock
Desde Helsinki sale esta banda que casi colle como nome o famoso éxito dos Guns'n Roses, ainda que a súa música non se pode categorizar coma clon dos de Axel Rose. Paraside City recolle básicamente do Glam-Hard Rock ochentero con estribillos pegadizos. Cancións moi deglutibles e fáciles de asimilar que non suelen chegar ós 4 minutos, non pretenden outra cousa que facer Rock festeiro e divertido, e consígueno.
Estoume atopando montón de bandas novas que lles dá polo Hard con base ochentera e que o fan moi ben últimamente.. ou será que me estou ablandando eu e volvendo ás raíces de cando era pequeno? 7/10

Demonic Resurrection - The Return to Darkness (2010)
Symphonic Melodic Black-Death
Myspace
Demonic Resurrection é unha das bandas de metal máis conocidas na India e, desde que saleu no documental "Global Metal" pode que sexa unha das máis conocidas tamén afora das súas fronteiras.
"The Return to Darkness" é un bon album que mezcla elementos de moitos estilos e faino dunha forma amena. Desde Black Metal melódico ata o Death Melódico con bos cambios de ritmo, teclados que lle dán un aire sinfónico, interludios atmosféricos, variedade vocal... A mín recordoume un pouco a uns Skyfire menos acelerados. Desde logo nótase o traballo detrás de "The Return to Darkness" e non lle tería que envidiar nada a ningún grupo do norte de Europa, ademáis sonando igual ou mellor. O punto malo: fáltalle algo, o mítico, moitos grupos son visiblemente bos no seu campo, percíbese unha laboriosa dedicación na música, pero fáltalles chegar a enganchar riffs memorables. Este álbum podería ser épico, e finalmente quédase nun bon máis. 6/10


Gloria Morti - Anthems of Annihilation (2010)
Black-Death Metal
Myspace
Terceiro disco desta banda finlandesa que practica un Death Metal moi contundente con ramalazos Black e con teclados e pianos sutiles nun segundo plano. As voces son maioritariamente uns moi conseguidos growls que alternan con rasgados e os riffs conteñen a súa boa dose de agresividade que contrasta con certos arranxos sinfónicos e minimalistas de piano e orquestación. 7/10


Kiske-Somerville - Kiske-Somerville (2010)
Hard Rock
Oficial
"Joé, Kiske sigue en plena forma" foi o primeiro que pensei cando oín o seu novo disco, que entre grupos que formou e separou xa non sei en qué apartado da súa carreira musical se poderá incluír esto, si nun proxecto dun sólo disco, si un disco personal seu cunha puntual colaboración ou qué.
Place Vendome, Supared, Michael Kiske (banda)... todo foron grupos nos que o home intentou facer cousas pero todos sonaban ao mesmo, e para colmo eran mediocres por decir algo. Agora encóntrome con esta unión do alemán coa cantante norteamericana Amanda Somerville producto da compañía Frontiers Records. E, penso que éste poida ser o mellor disco no que cante Kiske de forma protagonista (aparte de Helloween, claro). Non é que sexa unha revolución musical nin moito menos, pero ten cancións con gancho e ben feitas. Cando mirei quén as compuxo, non me extrañou que me sonara a un disco de Kiske diferente. Os creadores da maioría do disco son Matt Sinner e Magnus Karlsson, ambos de Primal Fear... 6/10


Claim the Throne - Triumph and Beyond (2010)
Melodic Death - Folk Metal
Myspace
Hei de admitir que cando vin un disco dispoñible destes australianos tomeino cun pouco de guasa, xa que o que lles oíra anteriormente era o EP "Aletales" que daba un pouco de vergonza e temíame o peor cun disco enteiro así. Pero sorprendentemente, "Triumph and Beyond", cos seus máis e os seus menos non foi algo tan pésimo coma me esperaba, de feito ata ten melodías e riffs viciosillos dentro do que podemos considerar o Folk Metal cañero e épico. E foron esas partes máis melodeath ó estilo de Suidakra-Ensiferum as que salvan dunha boa maneira este álbum coma "They Shall Live On" ou "Rat Infested Hut". O que xa non vexo tan ben son as partes "ale ale beer beer" nas que parecen unha copia de Alestorm cunha voz de "angry dwarf" que produce certo sonrojamiento. Ainda así, Claim the Throne consiguen facer un disco variado, que tendo certas cousas que non me convencen pódese oír perfectamente se eres fan dos grupos citados e similares.
A destacar a balada "The lake", moi bonita e fatalmente estropeada por esa voz de "enano enfadado" que terían que quitar pero xa! para próximos traballos.
7/10


Crystal Viper - Legends (2010)
Heavy Metal
Myspace
Crystal Viper son unha banda polaca que practica un Heavy Metal influenciado pola escola alemana ochentera tal coma Accept, Doro, Zed Yago ou Running Wild. Por algún motivo tamén me recordou a un álbum que solía oír fai 10 anos ou así dun grupo italiano que se chamaba White Skull, o "Publica Glory, Secret Agony", un gran álbum. Non sei qué sería desa banda, quedouse bastante desaparecida.
Poida que o que chame máis a atención, -e posiblemente o feito que máis me recordou a White Skull- sexa que Crystal Viper ten unha cantante feminina, Marta Gabriel, pero nada de powergorgoritos nin operístico, canta con forza e cunha voz lixeiramente rasgada, coma debería ser nun grupo do estilo. Había cantantes masculinos nos 80 que sonaban máis blandurrios ca Marta. Non son os máis orixinales, pero teñen algúns riffs e estribillos que merecen unha escoita, sobre todo para aqueles que disfrutaron a ola germana ochentera de Speed-Heavy Metal. 7/10