Páginas

jueves, febrero 10, 2011

Queixa aberta dirixida ó Excmo. Señor Rector da Universidade de Vigo

Cando estiven estudando por terras extranxeiras, decateime das grandes diferencias entre as universidades de fóra e as de España coma a que me tocou, neste caso a Universidade de Vigo. O sistema era totalmente diferente e ademáis semellaba funcionar á perfección, xa que os alumnos saían formados das escolas, en non máis de 3 ou 4 anos, e seguidamente era habitual que encontraran traballo ó pouco tempo. As relacións cos profesores eran, como eu mesmo poido atestiguar, coma a dun equipo, na que a meta sempre era sen duda a aprendizaxe do alumno. Se se lle pedía axuda, o profesor facía o máximo posible para que o alumno aprendese, facilitáballe medios, resolución de dudas,... e, a diferencia do que estiven vendo nos meus anos de alumno da Universidade de Vigo, o obxectivo non era aprobar un único exame ó final. A meta era que o alumno realmente entendera a materia, unha vez que o profesor se percataba diso, a veces ata o exame (se o había, xa que non era algo por forza obligatorio) era unha ferramenta únicamente de apoio ou secundaria para focalizar unha nota. Do que un estaba seguro era que se o profesor sabía que tí te interesabas e aprendías e él o vía (mediante traballos, evaluacións continuas, tutorías nas que estaban pendentes da túa evolución,...) era que era moi difícil suspender algo.

Na Universidade de Vigo, o único polo que loitamos os alumnos é por aprobar un exame. O único para o que os profesores están é para correxilo. Moitos deles nin sequera lle fan caso ás horas de tutoría e, coma xa me tivo pasado máis de unha vez, a súa resolución de dudas deixa moito que desexar. Parece que incluso lles moleste que estudantes pasen polo seu despacho. Tal é o caso, entre outros moitos, de R. Diéguez, que, palabras textuales me dixo días antes dun exame, cando lle preguntei por un exercicio: "yo no estoy aquí para resolveros ejercicios", e máis tarde apuntillou "deberíais de coger un manual para resolver ejercicios". Curioso se, como é o caso, o exame trataba de resolver exercicios.
Realmente non entendo casos coma este, que xa me levo atopado uns poucos nesta universidade da que vostede forma parte. Non entendo que personas con tal hastío por enseñar poidan formar parte deste sistema. Unha vez lín: "o profesor mediocre, explica; o profesor bon, enseña; e o profesor óptimo, inspira". Teño que decir que con xente coma a que lle dixen, non se achega un nin ó primeiro nivel. Teño moitos máis casos e "anécdotas", sobre este e outros profesores, coma cando suspendeu ó 100% dos 300 alumnos que nos presentábamos ó seu exame, antes mediante as palabras "hasta ahora os habéis reído vosotros (supoño porque eramos 15 personas na súa clase e veu encherse 300 asentos no exame), ahora me voy a reír yo". Tal e como llo digo, eu estaba enfrente del cando dixo tal. O resultado foron 300 suspensos para un exame que non estabamos preparados para aprobar. A súa conclusión foi subir 2 ou 3 puntos a cada exame para ó final ter alomenos algún aprobado, que resultaron ser 11 personas. Seino porque eu non contestei a nada ben e saquei un 2 ou un 3 sobre 10. Un método.. curioso alomenos de correxir e aprende(he)r ós seus estudantes.
A cousa é que non o entendo, realmente non entendo porqué non hai nin un mísero control sobre estos profesores que literalmente "fan e ordenan como lles dá a gana", sen ningún incentivo para ensinar, sen ningunha gana porque os seus alumnos aprendan, nin ofrezan a mínima axuda pola súa parte. Por iso somos diferentes do resto de universidades europeas. Por iso cando ven un erasmus a Vigo se escandaliza de que en determinadas asignaturas haxa un 15-20% de aprobados por convocatoria, ou de que a gran maioría pagaramos academias externas para moitas asignaturas, xa que o que nos explican na clase non chega para pasar o exame que nos van a poñer. Por iso eles acaban en 3 anos, 4 ó sumo e nós en 7 ou 8 como media. Somos máis tontos? Somos peores? Non o creo. Creo que hai moi pouco control sobre o que ocorre no seno de cada facultade e que hai coma unha extrana crenza de que canta máis alta sexa a media de idade en acabar unha carreira, máis mérito ten, coma pasa nas Inxenierías Técnicas ou a Licenciatura de ADE de Vigo, cando son comparadas coas Inxenierías de Ferrol ou ADE de Santiago. Esta materia da idade escandalizaría a calquera outro europeo, créame.

Agora vostede dirá que hai métodos de queixa contra abusos coma os que lle levo contado. Sí, hainos, fun testigo do seu uso e archivo para non saír á luz nunca máis. Asignaturas coma "Dirección Financieira" de 4º de LADE, que leva unha carteira de máis de 400 alumnos por ano, ou queixas contra o profesor que lle dixen son archivadas nun gran montón de folios que ninguén reclama, ano tras ano, e xa corren moitos anos. O sistema non funciona. E todos o sabemos. Desde o momento en que o 90% da xente coa que compartín algunha vez algún curso se tivo que pagar unha academia privada (as cales están a rebosar nas súas clases, máis ainda que na universidade), o cal produce vergonza axena, e o feito de que os alumnos dupliquen os anos de estudio con respecto ó que debería ser e con respecto ó resto de Europa, significa que o sistema non funciona.

Logo de moitos anos, e agora que estou acabando decidinme a expoñer esta queixa, da que moitos alumnos son partícipes, pero non mostran máis aló de comentarios con outros alumnos e ex-alumnos case que por medo. Parece mentira e que esteamos así, pero sí, parece que hai profesores que teñen demasiado poder e escaso control e aproveitanse deso, por iso vai ser raro que ningún alumno mostre o seu malestar, pero máis de unha folga contra este sistema se merecía ter feito.
Tal vez Bolonia queira cambiar algo isto, pero estou seguro de que o único que cambiará será a superficie. Se no fondo se segue actuando coas mesmas caras, nunca haberá os cambios intrínsecos que se necesitan, e se eu soubera desto sería probable que a miña aventura coma universitario non fose realidade, ou alomenos o sería noutro lugar.

Un alumno "hastiado".

Relacionado: contabilidade de costes na Uvigo.