Por certo vaia sorpresa que se soubera todos os temas case á perfección e que nos dera paos a nós por estar tan "desenpracticados" XD
Por outro lado, a rapaza que sustitúe a Ida, Dana, estivo máis ben observando, xa que non se sabía moi ben por onde ían as cancións e a verdade nin sequera cheguei a oír ben a súa voz, esperemos que para a próxima se poida poñer ó frente alomenos nun par, e por suposto que lle guste, que ainda non o sabemos moi ben :D
O ensaio do outro día foi un pouco desastre, pero xa sabemos cómo son as primeiras veces, a cousa ten que ir mellor canto máis se toca. Fai 10 días ensaiamos sólo os guitarras e baixo e non tocábamos xuntos desde xunio ou xulio, e foi tamén bastante desastre. Eu nin sequera practicara as cancións por mín mesmo nese tempo de descanso, así que... XD
Outra cousa que nos perdeu moito ós habituales foi a ausencia de teclados. Parece que non, pero eu incluso os utilizaba para non perderme, tal vez estaba moi acostumbrado a que sonaran e sempre levaran o tempo perfecto que facía a nosa batería informática... . Pode que por eso a terceira orixinal de Mileth terá que esperar a ser rematada: temos que aclimatarnos durante un par de ensaios máis uns a outros. Unha pena que sexan cada tanto tempo...
O proxecto de black-death colleu unha forma prometedora. O primeiro ensaio co novo guitarrista fora un pouco toma de contacto, pero no segundo, e partindo de cero (creo que foi mellor que aproveitar riffs soltos meus dos outros ensaios), a cousa púxose moi interesante. O outro rapaz leva anos dedicándose a esto e ten un equipo profesional de manda carallo! De feito, logo de ver a miña guitarra que se está caendo a cachos, dixo: "mellor cóllete unha das miñas, así ademáis estamos "entuneados"". Aparte, o que eu entendo de guitarras é nulo (xa vos imaxinades a miña cara cando me estaba "esta es una Jackson blabla de doble blabla... e eu "sisi.. mola mola" XDD", pero mamaíña, eso sonaba de vicio, ata parecía que os riffs salían sólos!
Para este grupo tamén aconsellei a Elías, que se uneu de boa gana, él sempre se apunta a todas! e aproveitando que o anterior se lles foi con outro grupo que estaba de parón e se reactivou, veuse con nós a montar ruído.
Do que me estou dando cuenta con eles é que dentro da miña cabeza sólo teño black metal XD vaia trve do carallo que son XD ... porque me decían "intenta algo máis death" e non sabía por ónde salir. O outro guitarrista en cambio está moi influenciado polo Thrash-Groove sepulturero e máis recentemente polo melodeath, así que pode resultar unha mezcla curiosa. O único sobre o que teño dudas é sobre a creación. Penso que ou debería haber un acordo case simbiótico entre varios ou deixarlle un % maior do proceso de creación a un, e logo os outros opinar. Máis ou menos eso é o que facemos en Mileth.
Creando sobre a marcha como o fixemos pode resultar un final de colagge. Como diferentes cousas empastadas para que sone ben, e que realmente poida que sone ben en riffs separados, pero tal vez haxa que buscar máis unión entre as partes para crear algo sólido. De todos xeitos, estamos empezando, e haberá que ver por onde vai a cousa.
O que sí, o outro guitarrista, dixo que a un ritmo de 1 ensaio por semana, tardaríase normalmente coma 1-1'5 anos en facer un concerto. Eu fíome del, así que é probable que eu me vaia antes deso (esperemos acabar a carreira, e logo veremos onde vamos, pero en Vigo véxoo complicado). Así que non tocará desta vez facer concertos, e, a verdade, non me vexo. Non me gustaría dar un ensaio-concerto, preferiría levalo ben co grupo que fora, a verdade.
Por último, hai novidades en canto a Enuma Elis. A idea xeral do disco está prácticamente rematada e dividida en capítulos. Estaba diante dos meus ollos a medida que o facía, e só tiven que unir cabos para cazar e ordenar as palabras e as ambientacións.
Sobre o disco poido decir que vou facer caso omiso a todos os consellos que a xente me suele decir (que moitas veces son contradictorios XD). Vou liberar unha vez máis o subconsciente e deixalo actuar, creando cun orden abstracto en certas partes, e intencionadamente organizado para un par de cousas -Ainda que non moito XD-. No fondo, se quero plasmar o que está na miña cabeza, ten que ser desestructurado e abstracto na maior parte.
De momento poido adiantar o nome dalgunhas cancións: "Visións - O Espello Deformador" de 2 partes, "Ira Contida (Tralas Rosas da Perdición)", que poidestes oír no anterior post, "Subconsciente Rebelión", "Insomnio", "Capita Mortua", "Katarsis"... estará por decidir o número, pero variará entre 9 e 11 cancións, e a media de duración promete ser coma o anterior "Obscura Epica", alternando entre as de 7-10 minutos e de 1-2-3, no que combino todo o ben que poido os estilos que máis me gustan (ainda que moi distintos) intentando facer algo que sone máis ou menos diferente e compacto.
O diseño levarao nun 100% Airi esta vez cunhas poucas directrices miñas que teño en mente, así que non poido decir nada sobre cómo vai ser, sólo que vai ser diferente (ou eso pretendo).
Tamén pensarei, ainda que esto non será ata última hora, se facer unha das cancións a modo de guitarras reales e voz real. Agora que meu irmán se comprou un aparato que simula un ampli no ordenador e parece que se pode grabar, mirarei a ver se poido darlle uso. No tema das voces, alternaría un servidor cun máis profesional co que xa teño falado. Sería unha gran nova se se dese realizado, e todo un paso cara adiante en canto a sonido.
Coma último detalle do novo lanzamento, que non se estrenará nas vosas salas e disqueras preferidas (ou sexa, no meu blog XD) ata posiblemente o segundo trimestre do 2011, decir que o título está tamén escollido: "Sons & Demos".
E como me sabe mal deixar este "diario" sen ningún documento gráfico ou sonoro, e sabendo que é probable que deixe esta sección durante un tempo ata novas máis interesantes, déixovos un extracto de "Visións - O Espello Deformador", concretamente os 2 últimos minutos da 1ª parte da canción. Xa me diredes se vos gusta ou no ;D