Páginas

sábado, octubre 09, 2010

Bizarradas musicales: Xardas

Xardas é un grupo alemán que por ahí definen como: Progressive/Symphonic/Modern Melodic Death Metal/Metalcore. Toma ya!
A cousa é que poñendose a buscar datos sobre estes individuos non se pode atopar absolutamente NADA! Sólamente se sabe que nalgúns blogs está dispoñible para a súa descarga un disco seu do 2010 chamado "Mirror Of The Soul". Cando un vé o listado de cancións intúe que a cousa non será moi duradera... 2 +2 +3+... =30 minutos?:
1. Intro 2:01
2. A Cut 2:53
3. Ships 3:20
4. Falling 2:53
5. Promise 3:13
6. Revolution 2:50
7. Creed 3:56
8. My Dreams 4:08
9. Outro 0:58



Descarga: Xardas - Mirror of the Soul

Hei de dicir que cando me propuxen oílo, non puiden decir que estivera nin ben nin mal... había cousas que sonaban bastante ben, cantante femenina, cantante de black-metalcore (existe eso?) e moitos sintetizadores... ah pero ahí chegamos a Revolution. Revolution? Crematory? Non, non é! ou sí? nah, non sona mal... quizáis unha versión... deixémolo tar... algo así como pop-techno-metal.. non tá mal..
Peeeeero hoxe oíno outra vez co meu irmán, e propuxémonos saber algo máis deste grupo. O que fixemos foi coller extractos das letras de cada canción... e sorpresa!!!
Todas!! Todas!! Todas as cancións son... xa non versións, senón que son cancións existentes pasadas por filtros e "aceleradas" informáticamente!!!
E eso non é o peor... a mín non me sonaban mal cando as poñía... porque non me recordaban a ningunha canción en especial, sempre che veñen cousas de outros pero eso xa me pasa moi a menudo con todo o que escoito (salvo o caso de Crematory que mencionei)... aih pero cando soubemos cales eran as orixinales... xa poden vir os Menagüer e acabar connosco!
Emocore!!?!?!
Jaarlcore para nenitas bailongas?!?!
Ademáis non se cortan en cambiarlles os títulos a algunhas delas (supoño que para non dar moito o cante)
Vamos cos cuerpos dos delitos:

"Falling" por Xardas:


"Falling Behind" de Dead by April


"Ships" de Xardas


"Take One Last Breath" de Abandon All Ships (mirando este video é imposible de reprimirse un ó ver o "headbanging harcorero-teenager" XDD sempre pensei que, ó igual que no Nu-Metal, eses saltitos e muelles de pernas abertas son debidos á incapacidade e frustración de non poder facer auténtico headbanging con greñas (debe ser que as súas mamás non lles deixan levar o pelo largo)



Así temos que:
1. Intro 2:01
2. A Cut 2:53 é versión acelerada de "A Cut Above" de Avery Watts
3. Ships 3:20 é versión acelerada de "Take One Last Breath" de Abandon All Ships
4. Falling 2:53 é versión acelerada de "Falling Behind" de Dead by April
5. Promise 3:13 é versión acelerada de "A Promise" de Dead by April
6. Revolution 2:50 é versión acelerada de "Revolution" de Crematory
7. Creed 3:56 é versión acelerada de "Greed" con G de "Gañanes" de Crematory
8. My Dreams 4:08 é versión acelerada de "Sweet Lilith of My Dreams" de Eternal Tears Of Sorrow
9. Outro 0:58
Con este panorama o máis probable é que tanto a Intro como a Outro sexan tamén versións aceleradas de algúnha outra canción...


Xardas, heivos dar Mirror polo cú! Aparte de copiar e acelerar cancións existentes cambiándolles incluso os nombres para parecer orixinales, acabastes por vilipendiar a miña virilidade metaleira! Mal raio vos parta!