Páginas

viernes, septiembre 17, 2010

Apelotonamento de concertos para o final de 2010

Moitas veces entre amigos nos últimos anos comentábamos o separado que está Galicia no referente a concertos de metal e xiras de grupos con respecto á peninsula ibérica. O percorrido das bandas desde tempos inmemoriables de Piratas e Muniesas sempre era Madrid-Barcelona-Bergara e nalgúns casos Bilbao e Sevilla, co cal toda a parte Noroeste da península quedaba como mínimo a 500 km. de tódolos tours.
A cousa cos anos non cambiou demasiado, os grupos seguen tendo esa mesma ruta básicamente e rara vez se descolgan por estas terras.
Desde que me trasladei a Vigo, empecei a ir máis "regularmente" a concertos, pero entre 1998 e 2003-2004, a relación déstes, sobre todo dos internacionales era aínda bastante escasa en comparación con outras zonas. O antigo Anoeta era dos poucos lugares que recordo que trouxera cousas interesantes (Rotting Christ, Behemoth, Epica, Lost Horizon... ) pero non era habitual. Despois "descubrimos" Portugal, e que Oporto realmente non queda tan lonxe e que é unha opción que moitos grupos siguen á hora de escoller itinerarios, polo que agora mesmo, incluso antes que mirar as datas españolas dos grupos "grandes", miramos as portuguesas. Os anos seguintes ó 2005 foron mellor do que se podería esperar para Galicia, e sobre todo Vigo, que recollía prácticamente todos os concertos dos grupos recoñecidos internacionalmente que se pasaban por aquí gracias á Sala Ah! Pero cando a sala pechou, moitos nos puxemos outra vez a pensar en anos escuros de 1 concerto de peso cada 2 ou 3 meses.
O que sí que non pararon nunca foron os de bandas locais. Hai realmente tantos grupos intentando facer o seu bolo cada fin de semana que case se podería falar de saturación. Esta saturación non conleva demasiadas boas cousas para os propios grupos, baixo a miña perspectiva, porque non se poden esperar que a cada unha das súas actuacións vaian un número decente de persoas se ó mesmo tempo noutros 2-3 locales da cidade hai outros concertos, moitas veces de similares estilos (aparte de que os mesmos compoñentes dos grupos moitas veces son os que pecan de ignorar todalas demáis propostas locales salvo a súa propia. Así vemos que en moitos destes bolos só atopamos ós amigos e mozas dos do grupo e pouco máis.. )
En fin, este é un tema longo e do que outro día me gustaría falar máis detidamente, pero agora iba ó que iba: estou flipando un pouco co número de concertos que se están programando para os próximos días tanto en Vigo como en cercanías. Se ademáis xuntamos concertos locales, é unha auténtica locura. E tanta actuación creo que pode causar un efecto contrario ó que se pretende. Explícome: hai que partir de que todos temos un presupuesto para gastar en concertos. Se de repente se aproxima unha avalancha, o público elixirá uns poucos que lle parezcan máis interesantes, e se se trata de grupos internacionales, e por tanto máis caros, é posible que elixa ir a 1 ou 2, doéndolle nalgúns casos na alma non poder ir a máis, e noutros casos obviando sen máis todo o resto xa que pode que "a escena local non é máis ca eso, e merece a pena gastarse os diñeiros en músicos mellores". Logo está o feito que dixen antes de que parece que moitos dos locales parece que teñan a un público de amigos, e si estes por algunha casualidade pensaban ver algún concerto máis (que en moitos casos é bastante dubidoso vendo algún que outro público deses bolos), probablemente se decanten polo máis "famoso". Se añadimos que todos estes próximos concertos se celebran en días consecutivos, cando non son no mesmo día, eu témome que moitos se van quedar ó final cunha asistencia bastante paupérrima. Os grandes seguro que non, porque xa teñen asegurado o seu público, pero o resto... non o vexo eu...
Atención á lista de vindeiros concertos ata que acaba o ano (e supoño que ainda se unirá algún máis):

  • 24 Setembro - Rockvigo Festival: Nocheni, , Crash The Ocean, Synteleia (Vigo) 3€
  • 25 Setembro - Dantalion + Yidorah + Noishock (Vigo) 3€
  • 25 Setembro - Rockvigo Festival: Freedom Xlave, The Outsiders, Neverside (Vigo) 3€
  • 1, 2, 8, 9 Brutality In Your Face Festival:
    VIERNES 7€ + caña
    SÁBADOS 28€ + caña
    BONO FIN DE SEMANA ÚNICO 12€ + 2 cañas
    BONO COMPLETO 22€ + 4 cañas
    PACK BONO FIN DE SEMANA + CAMISETA 20€
    PACK BONO COMPLETO + CAMISETA 30€
  • 1 Octubre - BIYFF: Altar of Giallo + Fetal Incest + Agonica + I'm Drunk + S.W.G.
  • 2 Octubre - BIYFF: Decayed + Scent of Death + Bleeding Display + Wisdom + Desbrozadora
  • 3 Octubre - Dark Tranquillity + Insomnium (Oporto) 20€
  • 7 Octubre - Sebastian Bach (Vigo) 22/25€
  • 8 Octubre - BIYFF: Legacy of Brutality + Decrepidemic + Brainwash + Koltum + Mutant Squad
  • 9 Octubre - BIYFF: Cerebral Effusion + Hybrid + Urna + Vermis Antecessor + Sen Berce
  • 9 Octubre - Kathaarsys -Grabación DVD- (Santiago) 10€
  • 14 Octubre - Dagoba (Vigo)
  • 23 Octubre - Korpiklaani + Eluveitie (Coruña) 20€
  • 30 Octubre - Bracara Extreme Fest: Swallow the Sun, Primordial, Rotten Sound, Esoteric, Mael Mordha, Cripple Bastards, etc (Braga)
  • 31 Octubre - Bracara Extreme Fest
  • 3 Noviembre - Anathema (Oporto) 25€
  • 5 Noviembre - Vicious Rumors (Vigo)
  • 6 Noviembre - WASP (Vigo)
  • 11 Noviembre - The Agonist (Vigo)
  • 14 Noviembre - Napalm Death + Immolation + Krisiun + Waking the Cadaver (Santiago) 18/22€
  • 27 Noviembre - Katatonia (Oporto)
  • 27 Noviembre - Alice Cooper (Santiago)
  • 1 Diciembre - D.R.I. + Primitive (Vigo) (aplazado)
  • 10 Diciembre - Angelus Apatrida (Vigo)
  • 15 Diciembre - Swallow the Sun + Solstafir + Mar de Grises (Oporto)
E estoume comendo todos os concertos a nivel local que son de menor número de bandas... eu creo que non vou ir á quinta parte destes, se fose rico, igual, pero... se os trouxeran un pouco, só un pouco máis separados no tempo, firmaba que terían un % máis elevado de público do que o van ter (falando dos de Galicia).