Páginas

miércoles, mayo 12, 2010

Diario dun vi-king I - Os comezos Pt IV: Arre!.. xuntandose

Penso que sería sobre o 2003 ou 2004 cando habería os primeiros amagos de xuntanzas entre Marcos, Simón e mais eu para facer algo. Non sabíamos moi ben o qué facer ou incluso qué cancións tocar, pero recordo que algún verán levábamos as guitarras e amplis e nos poñíamos no baixo de Simón a "improvisar". Non houbo moitos frutos, pero alomenos non o pasabamos mal.
Un exemplo é o improvisado Ma Baker do video máis abaixo -bastante malo XD- pero bueno, era a primeira (e creo que última vez que o intentamos facer -exceptuando aquela vez do Ma Baker en versión funeral organ doom con Marcos ó piano "ultratumba-disco" XD-)

Mellor non saber o que salía dahí XD

Se non recordo mal, para as seguintes veces intentamos polo menos poñernos de acordo en qué cancións ensaiar, porque eso de xuntarse sin saber qué tocar é un pouco caótico. Así que creo que colleramos "Rebellion" de Grave Digger e a versión de Ensiferum sobre "Lady in Black" de Uriah Heep e ata non sei se nos atreveríamos con Metal Heart, xa non me lembro. Obviamente como o noso nivel na guitarra non era para tirar cohetes, non nos íbamos poñer con Dream Theater ou Opeth, así que pillamos 2 fáciles e ainda así non nos salían de todo ben. Pero bueno, hai que ter en conta que daquela nos xuntábamos como 4 veces ó ano, xusto cando eu volvía polo pueblo no vrao, e para a cuarta vez xa se notaba algo que tíñamos máis coordinación e as cousas salían mellor. Logo acababa o vrao e sempre repetíamos o mesmo "vaia oh! agora que xa empezaba a salir ben e compenetrarnos!...".
Acórdome que daquela Marcos tamén empezaba a facer as súas propias cousas, pero dun ano pa outro era casi como aprender de cero para mín, e volvíamos ás mismas porque cando empezabamos a sacar algo decente, xa se había que ír.

A miña partida a Estonia enfrioume un pouco como "músico", tanto coa composición no ordenador coma coa guitarra. Janne, unha das recepcionistas que tiña no hostal deixábame de vez en cando a súa acústica e ainda lle iba dando algo, pero prácticamente nada. Un ano enteiro sen tocar nótase e moito, ainda que sólo fose un pouco cada semana polo menos vas mantendo o callo dos dedos pese a que perdas velocidade.. así que cando voltei e volvín a coller unha guitarra, sudei, porque se xa non tocaba moito allá antes, entón non daba pé con bola.

Simón "o cantante" ;D empezou a tar máis liado ca nunca e xa non se xuntou máis connosco, polo que á volta, as miñas xuntanzas foron únicamente con Marcos, pero intentamos que fosen algo máis habituales. Pouco a pouco volvín ó nivel anterior, que ainda que era malo, polo menos podía mover con algo máis de soltura as miñas entumecidas mans. Empezamos a cambiar un pouco o xeito tamén.

O que non cambiamos é a filosofía de que sempre hai que ser poser antes de tocar nada de Metaaaaaaaaal


Ir de viños á tarde en Lugo ist krieg (non ven a cuento pero falando de posers, esta foto mola XD)

Sería neste ano pasado do 2009 cando o programa de música me volve a funcionar, e collín na Universidade de Vigo un panfleto de publicidade que daba lugar de ensaio para grupos que teñan nas súas filas alguén que sexa alumno da UVigo. Aproveitando que aínda me quedan 5 asignaturas para acabar a licenciatura, pregunteille a Marcos e dixo que nos inscribiramos ipso-facto, que non lle importaba vir desde Santiago.
O certo é que o lugar está perfecto para ensaiar, con batería simple, 2 amplificadores de guitarra e un de baixo, mesa, 3 micros... ademáis pregunteille ó tío que gardaba do sítio e confirmoume que se podería enchufar o ordenador para que sonase polos altavoces. Así empecei a traballar sobre bases de batería-baixo-teclados para tocar nolos dous por encima.
Xa por fin non nos xuntábamos 3-4 veces no verán, senón que 1 vez cada 2 semanas (podía ser máis pero non estaba mal, e ainda encima gratis!).
O feito de que se poidese "enchufar" o ordenador empuxounos definitivamente a "crear algo por nós mesmos", e penso que ambos sempre pensamos en facer algo mínimamente orixinal, que non fose o que fan a maioría de grupos -ehem sobre todo españoles-. Así que por suposto fuximos de todo o que sone a "rock-heavy-thrash" hispano e metalcore e demáis modas, e como a ambos nos gusta o folk, puxémonos un pouco no xeito de crear algo que fose forte, pero melódico, cunha guitarra base e outra facendo melodías a maior parte do tempo en vez de riffs. Ademáis a axuda dunha batería feita por ordenador coma se tiveramos a Mike Terrana ou o mismo Inferno de Behemoth sólo dependería dos límites que eu quixera poñer (ainda que sei que se algún día se fixese en real, habería que facela algo máis simple). E logo están os teclados e instrumentos de orquestación, que algúns sonarán peores ca outros, pero tampouco están mal de todo co programa que utilizo. Penso que a ningún dos 2 nos importa entrar nunha categoría estilística, o único que queremos é que resulte orixinal e que teña aire folkie, a ser posible con denominación. Penso que a pouco que faigamos eso é doado -salvo para a parte folkie con denominación- porque os dous temos unha bagaxe de escoitar cousas e un espectro de gustos suficientemente amplio. Tal vez o único que nos falla é o ensaiar e saber máis de música. Eu diría que o noso caso é xustamente o contrario que a maioría das bandas. Todos teñen uns coñecementos musicales e teóricos de sobra, todos os membros dos novos grupos teñen unhas guitarras de agarrate cuns amplificadores de 100 w pa riba, todos saben tocar os solos de Metallicas e demáis, pero á hora de facer algo novo eu non vexo demasiada orixinalidade que digamos. Todos son riffs refritos xa oídos mil veces e hoxe en día, sobre todo na escena española hai poucos grupos que teñan un sonido propio e cancións decentes.
A mín realmente gustaríame aprender música, pero paréceme aburridísimo, e tamén me gustaría comprar unha guitarra que non se esteña caendo de vella (literalmente XD) coma a miña e ter un amplificador de máis de 20 w. pero.. supoño que teño outras cousas en qué jastar e outras cousas que estudiar que me sirvan máis no meu futuro en vez da música...

Volvendo ó tema, recordo que empezamos un día do inverno do 2009, os 2 solos e na outra dimensión chea de niebla que é o CUVI por esas datas. Falando con Tereza, unha amiga erasmus, díxome que tocaba un instrumento folk chamado bouzouki e propúxenlle ensaiar connosco, ó cal, sorprendentemente aceptou. Logo, un día de marcha, atopeime a un amigo, Levices, que xusto deixara a súa banda Vargtimmen e propuxémoslle vir ensaiar algún día, ó cal tamén sorpresivamente aceptou (nótese que daquela sólo facíamos versións, e non moito allá, que estabamos empezando a ensaiar). Tamén sorpresivamente, porque él xa estivera en bandas que deran concertos e tiña un nivel certamente alto co baixo, mentres nos... Así que chegamos a ser 4 durante un pequeno tempo, ainda que nunca ensaiamos todos á vez por unhas ou outras razóns.
Pouco despois, tan só con 2 ensaios, Levices vaise a Francia, ainda que parecía que lle estaba a gustar o que facíamos. Ademáis a rapaza erasmus parou tamén porque se foi durante un tempo a Chequia. Volvería despois, pero creo que non era precisamente "o seu estilo" e íballe máis cousas tipo ambient e new age.

Éramos 2 outra vez ainda que por pouco tempo. A estudiante finlandesa da que son voluntario, Ida, gustoulle a idea de cantar e xuntouse con nosoutros, tamén sorpresivamente. E pouco despois outro día de marcha, atópome con Elías, vello amigo, tamén en varios proxectos, e ó comentarlle que estabamos a intentar algo, él dixo que estaba aprendendo a tocar a batería e que se unía sen problema. Eu sabía que tocaba a guitarra, pero pilloume de sorpresa eso da batería. Pero tal vez as baterías que eu faigo son complicadas, aparte de que usan doble-bombo e no kit do ensaio é unha batería bastante simple, así que, como dixo que tamén tocaba o baixo, pois collémolo como baixista, e parece que ata hoxe está contento coas versións escollidas e o material propio.
E creo que na historia de Mileth, o nome que Marcos escolleu, estes 4 somos os que máis estamos durando :D Ida terase que ir no vrao, como estudiante erasmus que é, así que veremos cómo queda a cousa.

Desde un principio, personalmente preferín que fose Marcos quen se puxera coa labor compositiva. Creo que él ten moi boas ideas e que tal vez sexan de primeiras máis folkies que as que se me poidan ocorrer a mín. Polo que o que intentamos facer é que él me pase por mail o que fai, e logo eu aquí míroo e logo falamos para pulir, e vou metendo as baterías. Logo vólvollo pasar mezclado e decidimos outra vez si van ben ou non e volvoo a modificar e volvo pasar... Cando nos xuntamos no ensaio volvemos a comparar e vamos tirando.
Ademáis é tamén él quen se encarga de facer letra e cantar, por suposto en galego e intentando que conte algo da nosa mitoloxía e lendas.

A mín gustaríame que nun futuro volvéramos a estar os 3 (máis outros, claro está).. quén sabe o que pasará e onde imos estar...

(unha foto moi artística XD)

Bueno, esta é por encima a historia das nosas arrexuntanzas, no próximo capítulo subirei algo do material propio, que non pasa das 2 cancións de momento (é o malo de verse 2 veces por mes). Debería ter feito estes posts moito antes, porque a miña idea era tamén subir as progresións que ibamos tendo, e agora dixéronnos que a próxima será a última vez que se abra o local neste ano académico... non sei qué faremos...

Como regalo de despedida, unha das 4 versións que facemos, con mal sonido, pero aló arriba óese moito máis a batería (tal vez non tanto os outros samples :/ que quedan solapados polas guitarras), pero espero que sexa reconocible :S


(fallos por doquier e desafines varios XD pero ó noso favor hei decir que arriba a batería e os nosos instrumentos oíanse bastante máis ca abaixo, de feito ó final xa me podedes ver facendo o vacío nos oídos pa desatascalos XD)