Páginas

martes, diciembre 01, 2009

Da que nos libramos...

Fai pouco máis de unha semana houbo unha noticia que me pasou inadvertida, pero que circulou por varios medios: nada menos que que os anfitrións da inauguración do Xacobeo 2010 poderían ser os circenses televisivos da telebasura máis denigrante da actualidade na TV española: O tipo gay ese dos programas de corazón de telecinco e a rubia siliconada física e mentalmente que todo o que fixo na súa vida foi ser moza dun torero. Unha parece ser que cobra grandes cantidades de diñeiro por mostrar a súa interesantiiiiiisima opinión en foros de debate de actualidade e prensa rosa, e outro paséase presentando Telebasura para mentes sedadas da España máis cotilla e imbécil argumentando de fondo uns supostos estudios universitarios que a ninguén lle importa o máis mínimo posto que o seu traballo podería ser feito por un mono puesto de barbitúricos.
Pois bien, estas dúas personas foron propostas para presentar o evento máis importante do ano que vén en Galicia, o Xacobeo (fóra de connotacións relixiosas, non deixa de ser un gran evento que atraerá a miles e miles de personas de diversa procedencia durante todo o ano e realizaranse actos culturales varios tamén interesantes por esta terra adiante).

http://www.lavozlibre.com/noticias/ampliar/20132/telecinco-quiere-que-belen-esteban-y-j-javier-vazquez-inauguren-el-xacobeo-2010



Afortunadamente a Xunta tivo dous dedos de frente e rexeitou a oferta xusto ontes día 30 de novembro. Esperemos que se queren facer unha inauguración con algo de seriedade e xeito se elixa a personas que polo menos fixeran algo na súa puñetera vida e non a dous espantapáxaros da infame televisión española.

http://www.xornal.com/artigo/2009/11/30/gente/xunta-rechaza-belen-esteban-no-ser-digna-xacobeo/2009113017253265684.html

... e falando de esperpentos televisivos.. o que faltaba!