Páginas

lunes, julio 21, 2008

Unha viaxeciña a Ankara??

Non sei se vos acordades de que cando eu estivera en Estonia, unha amiga dixerame de irme a un programa cultural a Turquía. Ó final fora e estivera xenial, conocín un montón de xente, un país que na vida pensara visitar.. moi bos amigos.. (Luigi, un deles vouno ver en Santiago en 2 semanas, espero!).
Pois bueno, Bora, un dos organizadores daquel evento mandoume esta mañá unha mensaxe:
"hiya! diego
we have a exchange program here in ankara, which is called"european cultural footsteps" and it will take place between 26/07-04/08/2008 in a university campus.my organisation(GSM-Ankara) is looking for participants from spain very very urgently! travel costs will be raimbursed up to 70% and there will be not any cost will be paid for accomodation ect...
if you or your friends interested to come here turkey-ankara and if you or your friends are not occupied between these dates."
Así dito rápido, él está a organizar outro intercambio cultural coma o que fun eu, desta vez chamado "european cultural footsteps". Supoño que será algo moi parecido a aquel. Vai ter lugar entre o 26 de xulio e o 4 de agosto.. ou sexa... XA!!
Os costes, coma da outra vez.. van ser 70%, sí, lestes ben, o setenta por cento pagados, e esto inclue: viaxes de ida e volta, contando todos os tickets de todo o que se pille, desde avión ata bus.. incluso o metro ou un bus ou un taxi (importante sempre pedir ticket para certificar o que se gasta). Logo NON hai prezo para aloxamento, non hai que pagar nada, tampouco para as comidas principais.. esto sempre que non se vaia comer por ahi... e tampouco para visitas guiadas por Ankara (e tanto Bora coma os outros son incribles, desviviranse por vós, e por tervos todo sempre a punto, palabra de un que foi ;) ).
De verdade se estades libres, non sabedes qué facer a semana que ven... contactademe e eu direivos o que tedes que facer. Pero ten que ser canto antes.
Só como dato para darvos un pouco máis de cousa a quenes poidades e esteñades de vacacións: se o organizades ben é un choio. eso do 70% dos gastos pagados e sen pagar cama nin comidas principales... eu acórdome que por 9 días gastara 300 €!!! e non me faltara de nada.. bueno, como moito o sono entre festas e levantarse cedo para os workshops.
Oportunidade única oigan!!!