Páginas

jueves, junio 05, 2008

Con permiso, se puede hablar en gallego?

Hoxe fun a unha entrevista de traballo. A solicitud foi para entrar como becario, supoño que pagando unha miseria, como nos pagan a todos os universitarios que intentamos de buscarnos a vida cun primeiro traballo ou beca, coma sempre.
Neste caso tocoulle o turno a Caixa Geral, era a miña segunda entrevista de traballo, e desta vez foi algo diferente. Foi algo parecido á pelicula "El método"; reuníronnos a uns cuantos nunha mesa tipo sala de xuntas e tiñamos que reaccionar ante unha simulación (algo sobre estar nun deserto e elexir os útiles que deberíamos levar logo de que o noso avión se estrellase).
Na presentación, antes de nada, tivemos que falar un por un, dicindo o nome e qué faciamos coa nosa vida (titulación e curso... e esas cousas).
Todo iba normal ata que chegou o meu turno e eu dixen:
- "Bos días, eu chamome Diego, non son de Vigo pero estudio aqui blah blah... "
e de súpeto a encargada de RRHH que nos atendía dixome
- "perdona perdona, pero aqui no deberías hablar así..."
eu con cara de pampo... pensei.. "e eu que coñe dixen mal???"
ela entón dixome:
- "antes de hablar en gallego deberías haber pedido permiso"
(flipo...)
- "...porque aquí puede haber gente que puede no entenderte, este banco es un banco nacional, y podría estar haciendote la entrevista otra persona que no fuera gallega, no es el caso porque yo soy gallega, pero..."
a todo esto, e ante a miña cara de asombro... a tipa empezou a escribir nos seus apuntes (antes non escribira nada dos outros)
- "... hay alguien aqui que no entienda el gallego?" - prosigueu
os demáis que estaban alí para esa entrevista miraronse así como un pouco con media sonrisa e dixeron con voz baixa.. "nono... entendemos.."
logo do meu primeiro shock, que xa me descolocou un pouco para o resto da entrevista, seguimos co show... e ó final da misma vin o papel primeiro que tiña nas mans, era un debuxo coa colocación de cada un de nós na mesa cos nosos nomes, sólo eso, salvo no meu nome, no que vin un asterisco e unha frase debaixo que non puiden ler porque estaba moi pequeno.
Así que supoño que ese traballo xa está sentenciado, creo que dá igual se fixera a entrevista mellor ou peor cós outros, e eles, os de RRHH do banco sempre se poden escudar en "no da el perfil", cousa que pode ser ou no, pero que moi seguramente esconda algo relacionado con ese incidente.
E eu vou decir que no momento decidín calar e tragar (qué senon!), cando me tocou falar incluso tiven que decir:
- "prefiere que fale español ou poido falar gallego, que me sinto máis natural...?".
Ela díxome:
- "nono, puedes hablar..."
Pois eso, no momento, calei, pero levo todo o día con bastante indignación, porque partir cun punto negativo nunha entrevista de traballo por non ter pedido permiso para falar na miña lingua nai e na miña terra nai... é algo que non contaba en absoluto. Estou de seguro que esto sucede noutra das rexións de fala bilingüe en España e non tería pasado absolutamente nada. Que eu teña que pedir permiso para falar nunha das 2 lenguas co-oficiales (e máis a gallega, DE GALICIA) que temos é de coña!!!
De feito a mín sempre me dan a murga na escola con que se temos que ir traballar a un sitio que non é o noso, hai que facer o posible por aclimatarse e cando menos entender a lingua da rexión na que te hospedas, vives e traballas. Por suposto se a entrevista fora en Madrid, León ou Sevilla non iría falando gallego para alá, e se tivera que traballar en Cataluña, faría o posible por cando menos entender a lingua catalana. A mín aprenderonme que non debo de ser incompetente e amoldarse ás circunstancias.
E reitero, o de pedir permiso na miña terra para falar gallego... e que sexa negativo o non falalo de primeiras sen pedir un consentimento previo é algo... que non!!!!