Páginas

lunes, marzo 31, 2008

Spameando

Aínda de vez en cando sigo sufrindo eses dichosos mails por parte da xente que conforman cadeas e cadeas de "reenvía esto a x personas".
Cando se reenvían mensaxes é cando se crean as listas para eso chamado Spam que temos nos nosos mails. A forma de non crealas, polo que teño entendido é copiar e pegar, e logo enviar, así que desconfiade de todo o que sexa algo do tipo: "no seas mala persona//si quieres que tu deseo se cumpla//... reenvía esto a tantos amigos".
Non enviedes (a min polo menos :P) nada que vos diga que se queredes eso que se vos promete tedes que reenvialo a 20 personas, normalmente é un gancho. Seguiredes sendo bos amigos, os vosos soños cumpliranse ou non, o msn non cerrará por falta de liquidez dos dueños (jajaj esa foi boa) e non axudaredes a ninguen con 10 céntimos por reenvío a ningunha fundación ficticia, nin a ningunha nena ficticia que esteña a punto de morrer de cáncer (que me proben se eso funcionou algunha vez, e que me proben se esas nenas, -curioso, sempre nenas- existen de verdade, por moito que se adjunten direccións).
Gracias :)