Páginas

O caos en Tallinn


Bueno, estos dias en Estonia están a ser un serio caos.
Non sei se tedes noticias en España do que está a suceder aqui... pero está nun nivel certamente alarmante.
A historia comenza por culpa dunha estatua dun soldado ruso (a foto de arriba foi tomada fai 3 dias) que está case no centro. Esa estatua simboliza a victoria de Rusia sobre os alemanes.. e o que os rusos creen que foi a "liberación de Estonia" gracias a eles. Bueno.. resulta que ahora os estonianos queren quitar a estatua porque din que non pinta nada (esto recordame algo ó caso ese da estatua de Franco, non?)... E parece ser que a maioria da población está de acordo en trasladala para Rusia.. porque pensan que ese é o sitio ó que pertence.
Logo de esto... estes dias estase a celebrar o aniversario de dita victoria rusa... e moitos rusos tolos empezaron a facer manifestación estilo bruto... é dicir.. rompendo todos TODOS os escaparates de restaurantes e tendas... coches... pegando a xente que se atopan pola rúa, sexan estonianos ou extranxeiros... etc etc.. Un amigo dixome que hai unha calle enteira totalmente destrozada.
A venta de alcohol foi prohibida a partir das 2 da tarde... e en consecuencia a xente está a roubar dos restaurantes e tendas todo o que poden.. a poder ser alcohol.. e outra xente uneuse aproveitando a situación para roubar tamén..
Os sitios onde normalmente iamos a tomar cañas estame decindo ahora o rapaz, está totalmente destrozado, un pub de rock...
Non sei cánto durará esto pero a xente dime que ata o 2 de maio pode que non pare..
Incluso recibín un mail da universidade aconsellandonos evitar ir polo centro... e preferiblemente pola noite...
A ver en qué da esto...