Páginas

lunes, marzo 05, 2007

Historias que me pasan..

Dia 172 en Estonia....
E parece que foi o outro día cando cheguei....
Bueno... por suposto tratandose de min.. espero que non pensarades que xa me pasou todo o que me puido pasar e que xa non iba escribir novas vivencias por estos lares... digo esto polo último post, que non puxen nada sustancial...
Pos bueno... vamos co tema.. o pasado viernes fun a un concerto de metal aqui en Tallinn. Tocaban 4 grupos pero eu solo conocía a 2: Bloodforge, que parece ser que se cambiaron de nombre e Catafalc, death metal.
Pois fun ó concierto co skin estono este que está a vivir no hostel. Non sei, pero agora o rapaz considérame o seu mellor amigo no hostel. A verdade é que son o único por aquí que non o ignora ou directamente se vai cando entra... podo non compartir os seus ideales e incluso non gustar de todo a súa presencia... pero gústame non ser maleducado coa xente e oir os seus puntos de vista e o porqué. Tal vez sexa por eso que ahora non mo dou quitado de encima...
De feito ahora estame a chamar case cada día e se estou na habitación pois quédase a darme queixas dos rusos e a baixar música ó meu ordenador... ainda se fose música nova .... pero sempre me está a baixar o último disco de Metallica, ese infumable St. Anger e a dicirme .... "dios como se sale!!!!" O caso é que non me deixa de todo tranquilo nin pa actualizar este blog... que sempre o suelo facer á noite, nin para quedar con outra xente, nin para facer os "homeworks" que teño... (estes 2 dias pasados acabei ás tantas da noite ou xa case mañá!!)
Pois bueno... fun con él ó concerto... e sorprendentemente o rapaz comportouse ultraamigablemente con todos... é decir... o tío presentábase a todo o mundo e logo, inmediatamente, presentábame a min.
A xente que rondaba por alí eran case todos "metalheads", asi que xa podedes ver que o miraban a el ... ese rapado con pintas nazis... e non lle facían moito caso... pero cando me presentaba a min... todo o mundo se paraba a falar conmigo!!
Parecíalles extraño ver un español nun concerto de death metal estono underground... así que pasaban un pouco do coleguilla skin... e viñanme todos a preguntar o de sempre... primeiro que qué faigo en Estonia, que se me gusta, que porqué elexín o seu país... e logo por suposto a falar de metal... ahi foi cando realmente disfrutei....
O concerto empezara pois... e eu seguía falando con innumerables personas! Creo que estiven cerca de falar con todo o pub hahahhah. De feito salín do concerto con 6 ou 7 novos números de teléfono e 4 ou 5 novos agregados no msn. Todos moi amables conmigo!
Polo resto, como dixen, cando empezou o concerto eu ainda seguía por ahi... asi que cando me acheguei ... tivenme que poñer nunha esquina na que non vía nada. Porque, outra vez... a sala estaba bastante chea... (que envidia por vigo para os grupos underground eh??).
O que oin dos grupos, sintoo pero non me acordo de todos os nombres.. e supoño que á maior parte da xente que lee esto daralle igual... pois nada do outro mundo... demasiado... "normales"... tal vez Catafalc tiñan algun bon detalle... pero pouco mais...
Asi que moi moi ben!
Unha pena tamén que a camara que teño sexa tan mala e ainda encima quedara sen pilas á 2ª foto... e para colmo a que fixen, fixena sen flash.. asi que non hai fotos desta vez.
Esto vai para meu irman! A ver se me traes por Kike a vella cámara, que a xente vaise aburrir de ler un blog sen fotos!! Mandadelle vos tamen queixas, que él non quere mandarma!
(Quedarse sen recordos do Tuska, Atrocity, Korpiklaani, e demais concertos aparte de viaxes organizados para Erasmus, e viaxes meus a Jÿvaskÿla (Finlandia) e Riga (Letonia)....)
Polo resto... e seguindo coas miñas historias que non lle suelen pasar ó resto de mortales... o outro día unha amiga que estudia "filming" ou non sei como se chama a carreira de estudiar cómo facer pelis chamoume para actuar nun corto!!
O certo é que xa lle axudara fai coma 3 meses nun corto que fixeran. Eu era un extra, non tiña ningún papel específico.. solo tiña que "estar". Ningun tipo de dialogo nin nada reseñable.
Pero neste corto eu ... ¡¡vou ser o actor principal!! Eu xa lle dixen que nin idea de actuar... que se vían que o facía moi mal... que me desen unha patada no cú e me largaran inmediatamente!
Lín o guión e... bueno... alomenos non falo hahah
A gracia é que o fan todo en plan moi profesional... (estes que estudian eso, polo que vin teñen un ego polas nubes... pénsanse que van a chegar a ser algo .. "grande", tanto os que tan detras das camaras como diante). Son os típicos snobs que gustan de peliculas que ninguén conoce, por supuesto do ano da pera... 50s, 60s e 70s, e se son mais ou menos actuales, requisito fundamental, que sexan en blanco e negro.... Vamos, que son os típicos que dicen que algo tan insoportable e somnoliento coma "Ciudadano Kane" é unha joya de arte...
Pero, bueno, o caso é que me decidín axudarlle (pero xa se arrepentirán... xa volo digo eu ... que non me vexo actuando... )
Xa direi que tal me foi....
Bueno... seguindo con outras novas... estes dias teño traballos a barrer... e é que non sei porqué este segundo semestre está sendo a caña... mentres que o primeiro foi mais ou menos asequible... é un rollo porque me gustaría facer algun viaxe polo medio do curso e xa estiven vendo que me terei que perder algunha exposición... pero qué carallo!! se non vou ahora que tou aquí a viaxar ó redor e ver cousas novas... cando o vou facer???
Bueno, como sei que é un pouco coñazo estar lendo sen ver algun tipo de foto aquí vos mando algunha... ainda que non teña que ver moito con cousas pasadas últimamente... é unha panorámica da miña facultad principal... (fotos tomadas en Septiembre)
Podedes ver que o mar está a un paso, incluso ahora, está conxelado!, si, o mar!
E logo tamen podedes ver o que hai nada mais entrar... parece un salón non?
Non me imaxino eso en Vigo... é moi extraño...
Ah! por certo, tamén temos nada mais entrar un espello!!!
Eu flipei un pouco cando o vin... para qué queres un espello case de corpo enteiro nunha universidade??
Resposta fácil... 70% rapazas...
Todas se pasan, miran, coma se fosen modelos cando chegan e se van...
qué cousas máis raras....




E aquí unha panorámica do inverno desde a miña ventana...
Coma sempre... podedes pinchar e vense a mais calidade.