Páginas

sábado, octubre 14, 2006

Moonsorrow + Manatark + Herald + Bloodforge












































E por fin chegou o día!!!
Moonsorrow estaba ahí, e non vía que chegara a hora de velos nunca!
Antes da miña crónica, vou ter que dar unha queixa! Porqué coj.. me comprei unha cámara tan mala!!!Vamos, non se salva case nin unha foto!!!!
E o que é peor!! O outro día saquei un video con ela... e cal é a miña sorpresa cando o vexo no ordenador... e .. non se oe!!! Graba sen audio!!!!!
Noooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooooo!!!!!!!
Eu que xa pensaba grabar o concerto case enteiro de Moonsorrow!!!
Dioooooooooos
Bueno, deixemonos desto , que me pon de mala leche e vamonos centrar no metal propiamente dito.
Pois a eso das 7 funme para a sala eu solo, si, non me dixo nada o moro este nin me avisou de nada. Previamente eu dixeralle que nos veriamos en recepción, pero alí non apareceu ninguén, asi que aló me dirixín eu.
Primeiro, decir que me esperaba que os jevis norteños estes foran moito mais góticos.. e as tías tamén.. pero non! Prácticamente todos van vestidos con cuero, pero non son góticos, nin maquillaxe, nin tías con adornos tenebrooosos nin rejillas nin cousas do estilo... Tamén había relativamente poucos (comparado cun concerto do estilo en España) que levaran camisetas de grupos... e as que había eran de grupillos extremos tipo Burzum, Carpathian Forest... etc
As tías, había moitas que perfectamente podían trasplantarse directamente a unha disco e darían o pego, case diria que un 80%. Eso si, moitas tías pa un concerto de viking/black e un nivel moi alto ademais...
Bueno, ahi empezamos co primeiro grupo, Bloodforge (estonios).
Foi demasiado, todo o mundo que estaba por alí, estaba case estático, e nada mais, xusto nada mais empezar a caña destes todos todos os das 4 ou 5 primeiras filas empezaron a menear as greñas coma posesos!!! E eso non é todo, no concerto había nenos!! e non lles botaría mais de 13 anos que o estaban dando todo!
Pois este primeiro grupo pareceu contentar bastante á maioría da audiencia. Facían un death melodico rápido, con certas partes interesantes, pero que cansaba porque non eran un prodigio facendo cancións nin sendo moi novedosos. Podería comparalos, salvando as distancias cos primeiros discos de Dark Tranquillity...
Os seguintes foron Herald, sorprendentes, cando menos. Eran os que menos pintaban no concerto debido a que eran os menos extremos e mais experimentales... en certo sentido recordáronme a uns Faith No More contemporáneos, a min gustaronme máis cós anteriores, pero eso era algo fácil! As pintas tamén eran un pouco "alternativas", asi que xa me supoñía que non iba oir nada extremillo....Tiña cancións moi boas, pero alternaban con outras que se facían moi pesadas e largas... á xente, que viña sobre todo a ver a Manatark e Moonsorrow, dame que non lles fixo moita gracia...
Logo dun immenso parón de 1 hora, tocaron Manatark, cos que se volveron todos tolos!!!
Poucas veces vira un concerto onde desde a 1ª fila ata case o fondo todo o mundo se estivera desvivindo por facer headbanging e cornos!!! O mellor era ver as tias, algunhas que parecían modelos!! tamen facendo headbanging coma posesas, e Marcos, aquí as tías fano moito mellor que en España jajaja
A verdade é que sonaron bestiales! potentísimos e moi blackers.. un dos bos puntos do concerto!
E por fin lle chegou a hora a Moonsorrow, e aqui si que todo se desbocou por todos lados, a xente deuno todo (non me pensaba que foran asi, pensaba que sería todo moito mais tranquilo, conocendo ós daqui). O punto malo foi que cos Moonsorrow apareceron tamen os borrachos no medio, que se caían no medio, empuxaban e armarona un pouco. Debido a esto vinme obligado a pasar desde case a primeira fila ó lado do cantante a un lateral... mellor non meterse no medio de rusos borrachos.....
Indo ó tema, Moonsorrow enormes, desgalliteime coreando as cancións (houbo algún estonio que soubo da forza dos berros de Galicia!!!) e case me volvo afónico pa casa (parecido ó de Ancient Rites). Ademais recreáronse mais do que eu cría nos seus 2 primeiros discos, os que máis me gustan... así que tremendo. O sonido, tamén perfecto! ó igual que as anteriores bandas (cánto teñen que aprender algúns ahí en España... non pode ser tan difícil!).
Como supoño que sería a costumbre viñeron todos manchados de sangre... e a posta en escena foi moi boa, animaron que daba gusto e incluso modificaron algunha canción para facela máis forte ainda en directo!
Por certo! vaia tripa cervecera a do cantante!!
Un dos mellores concertos para min dos ultimos anos!
Oooogh tamen, para os fans masculinos, teño que dicir que bueno, habia unha tía ó meu lado pfff
A tía era coma unha mezcla entre o corpo de Floor Jansen, a de After Forever coa cara de Tarja Turunen ex-Nightwish, sacábame media cabeza de alto e diooooos vela facer headbanging... eso si que daba gusto vela!!!! Eso por non mencionar que no medio do concerto eu estaba rodeado, de 4 tías, e 2 mais que taban adiante delas, eso é imposible en España, e qué tías!!!
Por certo, ó final do concerto, falei co guitarrista de Moonsorrow e xenial! quedouse flipao cando lle dixen que era de España, e dixome que tiña moitos amigos alí.
Por suposto vinme con unha púa de Moonsorrow e outra de Manatark jejeje
Ah! e tamén ó final falei co líder de Manatark, que tamén alucinou cando lle dixen que era español!E incluso me saquei unha foto con el que podedes ver aqui!
Bueno, eso foi a grandes rasgos todo o concerto, xa me contaredes qué vos parece e se tal xa vou comentando logo máis cousas que pode que me olvidara
Metaaaaaaaaaaaaaaal