lunes, marzo 10, 2014

Vivir en Estonia: Söögiplats

Os locales estonios, amigos da juerga e da comida basura a altas horas da madrugada acaban de sufrir un duro revés: Söögiplats, o típico puesto de hamburguesas do centro de Tallinn sen hora de peche e que servía comida rápida a famentos transeúntes polo día e a ebrios partykings pola noite, cerrará nas próximas semanas.

Non hai quen non coñeza Söögiplats en Tallinn. Xusto ó lado da plaza de Vabaduse Väljak, é un punto céntrico polo que moita xente pasa. Pouco importa a terrible mala educación e desgana das súas asistentes, o puesto de comida rápida ten xente ás 4 da tarde e ás 2 da madrugada... e ás 6-7 da mañá ten incluso cola se é fin de semana. Recordo ben que para matar o tempo mentres que esperábamos o primeiro trolley de volta ó hostal, era obligada unha hamburguesa atiborrada de diferentes salsas para enmascarar a desaborida carne e complementos. Todo por non pagarlle ós impresentables "taksos". 3 euros van mellor empleados no bandullo que nos petos de ladróns sobre rodas. Un día falarei sobre esta calaña local, que nin merecen ser chamados "profesión".

Pois xa non sei cómo sobreviviran aqueles taciturnos que saciaban a fame antes de ir para cama os domingos a primeira hora, tampouco as gaviotas e palomas que sobrevolaban o puesto durante todo o verán e incluso se aproveitaban de descoidados ou de borrachos que olvidaban onde poñían as súas "maxiburguers" e friikartulid (patacas fritas). Todo un icono que desaparecerá en breves para poñer no seu lugar un edificio relacionado con temas burocráticos...

Cada vez que llo comentaba a algún local, a súa cara de asombro e incredulidade non tiña precio: 
-"Sabías que van quitar o Söögiplats?"
-"Qué dices home! Imposible! Se o jefe dese negocio debía de facer máis cartos que un ministro!", "e agora, onde vai ir a xente comer cando volve de salir na cidade?"

Fai tempo que non me paso por ese lugar, pero creo que antes de que cerre, lle vai caer unha Maxiburguer con doble de burguer, doble de queixo e doble de salsa (o que en España consideraríamos como 10 veces máis do normal) -este consello é real-, para ter un recordo como é debido do sitio... (esperemos que o recordo non sexa no baño ó día seguinte...).

Imaxe real dunha Maxiburger