jueves, enero 24, 2013

De músico de Black a Rock Star... a actor

Sabedes xa de quén estou a falar? Non iba ser outro que o meu (mal)querido Nergal de Behemoth. Non sei qué facerlle, pero este tío cada vez me cae peor, qué lle vou facer XD cada historia que leo sobre a súa vida, a súa prepotencia nos concertos, o seu patrocinio dunha bebida enerxética, o seu libro autobiográfico e a súa actitude de estrella de rock... Mira que o tiña en alta estima hai 10 anos, pero hoxe en día... 
Pois ben, resulta que o home agora saleunos actor! e peazo actor como veredes. O cantante-guitarra de Behemoth participa nunha telecomedia sobre a Alemania nazi, facendo de Ministro de exteriores de Hitler, chamada AmbaSSada.
O tempo dirá se o próximo paso de Nergal acaba sendo diseñador de moda e sacando a súa línea de roupa... tal e como lle move a fama a este home...

Para o voso deleite, aquí tedes unha secuencia: