martes, junio 07, 2011

Microreviews Xunio'11 - II


Web - Deviance (2011)
Thrash-Power Metal
Myspace
Web é unha banda portuguesa nacida nos ochenta, pero que non foi ata o 2005 cando sacaron o seu primeiro álbum. Deviance é o segundo, e a carta de presentación de Thrash-Power Progresivo, vendo que se trata dunha banda tan antiga, fíxome ter curiosidade por ver qué fan no século XXI.
A música de Web desde logo está moi influenciada polo movemento que se empezou a fraguar a finales dos 80 e principios dos 90 que pretendía sacarlle ó Thrash esa actitude máis Punk a piñón fixo e facelo máis técnico e heavymetaleiro. Véñenme sen problema á cabeza grupos coma Death Angel, Destruction, ou Testament nos momentos máis cañeros, pero éstes están alternados con medios tempos bastante ben introducidos e ata temos momentos de guitarras acústicas. Non está nada mal, e aínda encima con bastante bon sonido, pero a mín o que me fallou un pouco é que as composicións non me conseguen enganchar. Un bon intento de todos xeitos, e xenial a épica última canción "The Journey". 6/10


November-7 - Season 3 (2011)
Gothic Metal
Myspace
Xa estaba todo entusiasmado por oír un novo disco de Novembre, cando miro ben, e vexo November-7 (nome raro onde os haxa).... vaia oh!
Estes suízos empezaron por aló de 2003, pero é este ano, cando logo de varios EPs e singles se deciden a sacar o seu primeiro longa duración. O estilo é o máis que sobado Gothic de cantante femenina que me recordou lastimosamente ó traballo do tío de Vader coa súa moza en Unsun. É decir, gothic metal de MTV, con profundidade nula, que leva como guía principal a voz (e sin vela, supoño que tamén o físico) da cantante, estribillos intentando ser máis ou menos pegadizos e certo aire a Within Temptation/Evanescence.
O que dixen da outra vez: Metal para xente que lle gusta o Pop. 2/10


Necronoclast - Ashes (2011)
Black Metal
Oficial
Desde Escocia, Necronoclast é unha one-man-band nacida en 2003. Nunca oíra falar dela, pero parece que éste é o seu cuarto traballo, no que se mete de cheo no black metal máis crudo pero á vez atmosférico, que nos pode recordar ó traballo noventero da escena noruega. Burzum, Mayhem e Darkthrone como principales influencias non está nada mal, pero o álbum en sí quédase un pouco parado en canto a que dá a sensación de que toda esta historia xa está moi oída. A mín non me chamou excesivamente a atención, pero non por ser un mal álbum ou non saber transmitir a maldade e insanidade propia dese estilo, senón porque simplemente non me atrapou como debería. Penso que poderá gustar ós máis fans do trve black metal.
Para o meu gusto, cansoume rápido. 4/10


Pain - You Only Live Twice (2011)
Industrial Metal
Myspace
Moi malas vibracións tiven cando oín o novo single "Dirty Woman" do proxecto de Peter Tägtgren; pareceume e paréceme unha canción bastante pobre, e fun con poucas expectativas a oír o novo de Pain. Menos mal que o disco xa non pinta tan mal, sigo sin entender porqué escolleron esa canción para sacala coma "entrante".
You Only Live Twice, por outro lado é un álbum que se oe bastante fácil, no que o estilo de Pain non varía moito de entregas anteriores, de feito hai cousas que recordan bastante a outras cancións xa feitas por Tägtgren, coma por exemplo a que dá título ó CD, que ten unha melodía principal chula, pero que segue case ó dedillo a estructura de "Same old Song".
Penso que Pain teñen mellores discos ca éste, pero tampouco poido decir que esteña mal... tal vez os máis fans o disfrutarán mellor ca mín. 5/10


Miss Behaviour - Last Woman Standing (2011)
LinkHard Rock-AOR
Myspace
Outra banda máis desde Suecia facendo Hard Rock, neste caso na súa variante máis AOR-Melódica. Last Woman Standing é o seu segundo disco, logo dun que parece que calou bastante ben entre a parroquia Hardrockera en 2006 chamado Heart of Midwinter. Para éste álbum contan cun par de colaboracións, Roland Grapow facendo un solo e Kajsa Berg facendo dueto no tema que dá título ó album.
O estilo de Miss Behaviour tira moito do Hard Rock ochentero máis melódico, recordando a clásicos coma Treat, Danger Danger ou Def Leppard, con algún que outro teclado e con cancións que aproban, ainda que non me dicen demasiado novo. O cantante tampouco me acaba de convencer, por veces tén un deje ó de Stryper que me parece moi pasteloso... polo resto, Rock comercial que por veces roza o Pop-Rock e outras tira máis hacia o AOR'80s... ben, sen máis. 6/10


Ajattara - Murhat (2011)
Dark-Black Metal
Myspace
Itse, en 2001, o único bon (para un servidor) que fixo nunca este grupo. E qué disco!! Tremendísimo. Despois del, o listón caera co seguinte, pero tampouco era malo según recordo. Logo, a cada disco que sacaron iban de mal en peor,... peor,... peor... o último intento que fora unha especie de black metal acústico daba auténtica pena, para mín sería case que un disco de 0/10 XD Así que, logo dos últimos 4 discos tan mediocres que fixeron os finlandeses, non me esperaba nada deste novo. E bueno, antes de sacalo oíralles un tema no Facebook e non me parecera malo, agora xa co disco... non me parece do peor, penso que remontaron un pouco o vuelo, ainda que non tanto como para decir que me encantou.
Murhat segue tendo o sonido típico de Ajattara, esa especie de Black extraño de guitarras gruesas, lento e decadente, pero cunha diferencia: parece que se traballaron máis o feito de enganchar ó oínte coas cancións, cousa que non pasaba en absoluto nos anteriores. Algo é algo, ainda que teñen pinta de que nunca sacarán outro Itse. 5/10


Cynicism - Portrait of Extinction (2011)
Post Death-Black/Dark Metal
Myspace
Xa decía eu que tiña que haber algún fallo no Metal Archives, xa que Cynicism para un grupo de Gothic Metal.. non me parece un nome que case moito... e logo ó oílo... de gótico non ten nada!
Nunca oíra falar desta one-man-band alemana, pero parece que é o segundo disco que saca, e logo de oílo quedeime como decindo... "esto non está mal, pero cómo carajo describo eu o que fai???". Vou probar de todos xeitos: por un lado temos que esto é metal extremo, a base é Heavy-Death Metal a medio tempo con momentos máis black, outros máis doomies, e outros máis groovies. Nas cancións tamén se pode atisbar influencias do movemento máis Post-Metal (por eso lle añadín tamén ese Post á definición de estilo). As voces varían entre as máis propias do Death-Thrash e os rasgados blackeros, pero tamén inclúe coros... unha boa producción, e estilo difícilmente relacionable con algún grupo, ainda que na súa páxina cita como influencias a "Moonspell, old Paradise Lost, Aeternus e Bathory"... pode ser... e pode ser que tampouco tanto.. XD Penso que é mellor oílo por un mesmo, xa que é un álbum interesante. 7/10
PS: Está a libre disposición no seu myspace.


Destruction - Day Of Reckoning (2011)
Thrash Metal
Myspace
Os veteranos alemanes seguen nos seus trece de ofrecer Thrash a toda caña. De feito creo que debe de ser un dos únicos grupos añejos que en toda a súa historia non ofreceu prácticamente variacións significativas de disco a disco, nin tan sequera nos 90, ese período de experimentación en terrenos extremos. Neste novo, Destruction son fieles ó que viñeron facendo ata o dagora, e esto ten a parte positiva de que si che gustan os anteriores vexo difícil que non che guste éste e a parte negativa de que non hai nada novo nin evolución algunha se eres dos que creen que un grupo debería de cambiar e probar novos sonidos.
Agora, a miña opinión personal, que é do que tratan estas microreviews XD, é que non está mal, está claro que se non evolucionaron xa a estas alturas, difícilmente o van facer en próximos discos, así que o que queda é que se saquen novos riffs dentro do seu, e bueno, hai de todo, pero son entretenidos si che gusta o Thrash sen máis complexos. 6/10


Die Apokalyptischen Reiter - Moral & Wahnsinn (2011)
Heavy-Thrash-Folk
Myspace
Sempre me resultaron moi difíciles de definir os "caballeros do apocalipsis", supoño que non sólo a mín, hai que reconocer que os alemanes se labraron unha carreira única e inimitable. Neste novo disco, seguen a alternar momentos de tranquilidade-balada épica -e ata orquestal- con thrash-death rabioso aderezado de melodías pegadizas e teclados -ou trompetas se se tercia-. Esta característica de facer metal moi heteroxéneo fai que escoitar discos deles sexa bastante digerible para calquera con gusto musical amplio. O malo é que é posible que te poidas encontrar con cancións que che poden encantar coma outras que... xa non tanto no mesmo CD. A mín esto lévame pasando desde os tempos do Samurai, pero en xeral un sempre agradece novas creacións destes tipos. Neste en concreto, deume a sensación de haber demasiados cortes "tranquilos", e en xeral gustoume menos cós anteriores, pero non está mal. 6/10


Malison Rogue - Malison Rogue (2011)
Heavy Metal
Myspace
Outro novo grupo salido de Suecia que recolle o feelin' do heavy metal ochentero, e van...
O caso é que salvo algunhas excepcións, están salindo auténticos grupazos no país norteño, e ademáis, ainda que basados nos clásicos de hai 20 ou 30 anos, podémonos atopar desde os que emulan o sonido do heavy satánico de Mercyful Fate (cousa que durante os 90 non pasara en absoluto) coma Ghost ou Portrait ata os que se van á ola do Glam-Hard'n Heavy coma Chrashdiet, The Poodles ou Hardcore Superstar, ou os que se van máis ó speed metal coma Enforcer ou Steelwing.
No caso de Malison Rogue, o feelin' ochentero lévanos a recordar a Fates Warning, Queensryche, nun acercamento ó que foron os primeiros anos do que hoxe diríamos power metal-progresivo melódico. Bon disco debut, variado e ben composto por unha banda que non parece que leve tan pouco tempo. 7/10