domingo, junio 06, 2010

Diario dun vi-king III - Versión de Enuma Elis da 2ª creación de Mileth

Parecíame que iba deixar esta saga por un tempo co último post, pero estes días de descanso que tiven últimamente servíronme para relaxarme e intentar facer algo co programita. As ideas vánseme agolpando pouco a pouco coma nos vellos tempos e a tempada de sequía artística parece que vai pasando. Cando estou na cama volvo a ter imáxenes de riffs e melodías antes de durmir e ontes soñei que estaba falando de música con Ritchie Sambora! (non me preguntedes porqué XD, sería algo de que fai pouco estabamos falando do Rock in Rio ou euquesei).

A cousa é que como non tiñamos unha boa grabación con guitarras reales da última canción de Mileth, propúxenme facerllas eu por ordenador. Cambiei algúns riffs e incluso cambiei a base orixinal un pouco para adecuala máis ó estilo Enuma Elis. Esta canción parteu dunha idea de Marcos, que resultaba moi vikinga. A mín chegoume a recordar a Mithotyn con eses trémolos a dúas bandas. Cando a pillei, paseina polo meu filtro de EE, e creo sinceramente que saleu algo orixinal da mezcla das dúas visións musicales que temos cada un de nós.

Como dicía, non hai unha boa grabación final coa canción rematada, así que a volvín a pasar outra vez polo filtro de EE, e o resultado é prácticamente outra canción de EE. Bueno, póñoa por aquí e xa me diredes... penso que dá mellor resultado si poñedes cascos en caso de non ter uns bos altavoces, porque xa sona a ordenador a saco... coma sempre :(